Ciencias Naturais - Mércores 10 de xuño
- Diego Baamonde
- 10 jun 2020
- 1 Min. de lectura
Isto xa vai rematando e sei que estades cansadiños xa pero temos que facer un último esforzo. Ánimo!
Hoxe imos continuar coa función de reproducción dos animais. O anterior día falábamos dos animais ovíparos que son os que nacen dun ovo, pois ben, hoxe imos a falar dos animais vivíparos, que son os que nacen do ventre da nai.
Para iso, debemos ler a páxina 69 do libro e, a continuación, facemos os exercicios 3, 4, 5, 6 e 7.
*Para aqueles que empreguedes o libro dixital, imos a:
Tema 5: Os animais ---> 3. A función de reproducción ---> 3. Os animais vivíparos e 4. O coidado das crías. Facemos os exercicios 27, 28, 29, 30 e 31.

Comments