Ciencias Sociais - Luns 20 de abril
- Diego Baamonde
- 20 abr 2020
- 1 Min. de lectura
Hoxe seguiremos co tema 7, na páxina 102 do noso libro, onde trataremos a obtención de produtos elaborados: o traballo artesanal e a industria.
Unha vez lido esto, no noso caderno facemos as seguintes actividades:
1- Quen son os artesáns? Pon dous exemplos de traballos artesanais e anota os produtos que elaboran.
2- Como realizan o seu traballo os artesáns? Que características teñen os produtos que fabrican?
3- Que produtos se elaboran nunha industria química? E nunha industria textil?
4- Explica coas túas palabras o que son as materias primas.
5- En que se diferencia o traballo artesanal do industrial?
6- Pon un exemplo de artesán. Indaga que materiais necesita para elaborar un produto e que ferramentas utiliza.




Comments