top of page

Ciencias Sociais - Luns 27 de abril

  • Foto del escritor: Diego Baamonde
    Diego Baamonde
  • 27 abr 2020
  • 1 Min. de lectura

Seguimos co tema 7 "As actividades produtivas" e chegamos ao apartado 4 "os servizos". Lemos detidamente as páxinas correspondentes e despois, das páxinas 104 e 105, facemos os exercicios do 33 ao 39 no libro dixital (dámoslle a comprobar unha vez finalizada cada actividade para que me cheguen a min as respostas). Se tedes algún problema para acceder ao libro dixital podedes facer as actividades no voso caderno.


33.- En que consisten os traballos do sector servizos? Como se veñen agrupando estes traballos?

34.- En que se diferencian os servizos públicos dos privados?

35.- Que é o comercio? En que lugares se leva a cabo?

36.- Que grandes medios de transporte existen? Con que vehículos se realizan?

37.- Observa as fotografías. Le os textos e deduce a que profesión corresponde cada unha e de que grupo do sector servicios forma parte.

38.- Fai unha listaxe de todos os traballos de servizos que coñezas.

39.- Fíxate nas imaxes do comercio. Que venden en cada un? Cal é o maior? En que lugares os podemos atopar?









 
 
 

留言


© 2023 by BrainStorm. Proudly created with Wix.com

bottom of page