Ciencias sociais - Luns 8 de xuño
- Diego Baamonde
- 8 jun 2020
- 1 Min. de lectura
Para ciencias sociais imos a continuar co tema 6: Convivimos en sociedade.
Imos á páxina 84 e 85 do noso libro e lemos detidamente os seguinte apartados:
Para convivir necesitamos normas.
As leis.
Todos somos diferentes pero iguais.
O voluntariado.
A continuación, no noso caderno facemos as seguintes actividades. * (Para os que empreguedes o libro dixital, son as actividades 8, 9, 14, 15, 16 e 17.)
1. Paréceche importante cumprir coas normas de convivencia? Por que? Cales son para ti as normas máis importantes?
2. Que diferenza hai entre as normas legais e as normas morais?
3. Sinala cun ✔ algunhas das normas morais de convivencia e cunha ✘ o resto:
Respectar os sinais de tráfico.
Pagar o billete de tren.
Cumprir coas nosas obrigas diarias.
Non lles roubar aos demais.
Respectar os demais.
Axudar os demais en todo o que poidamos
4. Escribe se se trata dunha igualdade ou dunha diferenza entre persoas:
A risa.
O aspecto físico.
O pranto.
Os costumes.
O medo.
A curiosidade.
A relixión.
O gusto de facer amigos.
O carácter.
5.- Completa as seguintes frases coas palabras axeitadas:
Os _____________ sociais traballan para poder axudar as persoas en situacións de p______________, de f________________ ou con problemas de s______________.
As ___________ ___ _______________ (ONG) son entidades que axudan e contribúen co seu traballo á mellora da _______________ . Nelas participan os voluntarios de forma _________________.



תגובות