top of page

Ciencias Sociais - Mércores 10 de xuño

  • Foto del escritor: Diego Baamonde
    Diego Baamonde
  • 10 jun 2020
  • 2 Min. de lectura

Para ciencias sociais imos continuar co tema 6. Hoxe iremos á páxina 86 do libro, e lemos detidamente os apartados:

*(No libro dixital iremos ao apartado 2. A convivencia cidadá)


1. A convivencia cos veciños

2. A participación cidadá

3. Os espazos públicos


A continuación facemos os exercicios 18, 19, 20, 21, 23 e 24 do libro dixital, ou das páxinas 86 e 87 do libro os exercicios que vos deixo a continuación.

* Como tedes bastantes exercicios hoxe non vos poño tarefa de lingua e matemáticas, así que lede con calma e se tedes alguna dúbida xa sabedes que me podedes preguntar en calquer momento.

1.- Quen son os nosos veciños? En que se basea a boa convivencia veciñal?


2.- Coñeces algunha asociación da túa localidade? Sabes de que se ocupa?


3.- Di se as seguintes frases son verdadeiras ou falsas:

· As persoas que viven na nosa localidade son os nosos veciños.

· Temos o deber de non molestar os nosos veciños.

· Podemos berrar moi alto cando xoguemos debaixo da ventá dun veciño.

· Temos o dereito de poñer a música moi alta cando queiramos e onde queiramos.

· Os veciños deben respectar o noso descanso.

· Todos os veciños están obrigados a participar na organización da nosa vila ou cidade.

· Os veciños non poden participar nas actividades festivas nin culturais.

4.- Sinala cal das seguintes accións NON debemos realizar para manter os espazos públicos en bo estado:

*(só tedes que escribir aquelas que non debemos realizar)

· Coidar do mobiliario público e respectalo

· Non facer pintadas nin graffitis nas paredes ou noutros espazos.

· Utilizar o monopatín en sitios non habilitados.

· Pasear coa bicicleta por enriba de flores, plantas...

· Non tirar papeis ao chan e utilizar as papeleiras.

· Recoller os excrementos dos nosos animais domésticos

· Non deixar lixo fóra dos colectores.

· Utilizar os colectores de reciclaxe correctamente.

· Arrancar plantas dos xardíns públicos.

5.- Engade outras accións que ti podes facer para a boa conservación do espazo público.

6.- Responde estas preguntas sobre a convivencia cos teus veciños:

· Sabes como se chaman?

· Estivestes algunha vez na súa casa ou eles na vosa?

· Son amigos teus ou de teus pais?

· Adoitas xogar con eles?



 
 
 

تعليقات


© 2023 by BrainStorm. Proudly created with Wix.com

bottom of page