top of page

Ciencias sociais - Mércores 3 de xuño

  • Foto del escritor: Diego Baamonde
    Diego Baamonde
  • 3 jun 2020
  • 2 Min. de lectura

En ciencias sociais imos a comezar co tema 6 que nos quedara pendente: CONVIVIMOS EN SOCIEDADE.


Hoxe imos ler o texto introductorio que atopamos na páxina 82 e que tamén vos deixo a continuación: Os dereitos da infancia. Unha vez lido, no noso caderno ou no libro dixital facemos as seguintes actividades que atopamos nas páxinas 82 e 83 (exercicios 2, 7, 3, 4 e 5 para os que empreguedes o libro dixital).


1- Coidas que en todos os países se respectan eses dereitos? Razoa a túa resposta.

2- Di se as seguintes frases sobre os Dereitos da Infancia son verdadeiras ou falsas:

  • O artigo 1 di que todos os nenos e nenas gozarán de todos os dereitos da infancia agás se son menores de 3 anos.

  • artigo 2 di que todos os nenos e nenas gozarán de protección especial.

  • artigo 3 dice que todos os nenos e nenas teñen dereito a un nome e a unha nacionalidade.

  • artigo 4 di que todos os nenos e nenas teñen dereito á educación.

  • artigo 5 di que todos os nenos e nenas teñen dereito a medrar e a desenvolverse en boa saúde.

  • artigo 6 di que todos os nenos e nenas teñen dereito a comprensión e amor por parte das familias e da sociedade.

  • Todos os nenos e nenas do planeta poden acceder sen problema ningún aos Dereitos da Infancia.

3- Que nenos e nenas coidas que poden gozar deses dereitos segundo o artigo 1?

4- Que se lles ten que asegurar aos nenos e nenas, segundo o artigo 4, para que medren e se desenvolvan en boa saúde?

5- Que afirma o artigo 6 que as familias e a sociedade lles deben dar aos nenos e nenas?



Lectura: Os dereitos da infancia

A Declaración dos Dereitos do Neno inclúe 10 artigos que explican os dereitos que teñen os nenos e nenas do mundo. Estes dereitos, aprobados por case todos os países, deben ser garantidos polos adultos e mais os gobernos.

  • Artigo 1. O neno gozará de todos os dereitos enunciados nesta declaración sen distinción de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinións políticas ou doutra índole, orixe nacional ou social e posición económica.

  • Artigo 2. O neno gozará dunha protección especial para que poida medrar física, mental, moral, espiritual e socialmente san e libre.

  • Artigo 3. O neno ten dereito a un nome e a unha nacionalidade.

  • Artigo 4. O neno terá dereito a medrar e desenvolverse en boa saúde. Para iso aseguraráselle alimentación, vivenda e servizos médicos axeitados.

  • Artigo 5. Garántese o dereito á educación e a atencións especiais para os nenos física e mentalmente diminuídos.

  • Artigo 6. O neno ten dereito a comprensión e amor por parte das familias e da sociedade.

Declaración dos Dereitos do Neno, ONU, 1959.

 
 
 

Comments


© 2023 by BrainStorm. Proudly created with Wix.com

bottom of page