Día das Letras Galegas
- 5 may 2020
- 1 Min. de lectura
Aínda que as Letras Galegas 2020 foron aprazadas para o 31 de Outubro. Dende o equipo da biblioteca do cole achéganvos un par de propostas para que o 17 de maio non quede como un día en branco.
1.- Tedes unha publicación no blog da bilbioteca con información sobre as Letras Galegas e diferentes actividades didácticas.
2.- Nesta segunda actividade, na que vos animo a todos a participar. Trátase de que gravedes un audio cunha pequena lectura sobre as Letras Galegas 2020 e o mande ao whatsapp do cole, O equipo da biblio fará unha montaxe de vídeo con todos os audios recibidos. Para participar nesta actividade tedes que apuntarvos na seguinte ligazón: https://bibliogurriaran.blogspot.com/2020/05/letras-galegas-2020-video.html e recibiredes o texto que tedes que ler e gravar.
Animádevos a participar!!!

Comments