Lingua galega - Xoves 21 de maio
- Diego Baamonde
- 21 may 2020
- 1 Min. de lectura
Boas tardes! Xa que mañá é festivo na honra a Santa Rita colgareivos hoxe as actividades para estos días.
En lingua galega imos continuar traballando sobre o relato "As pitas baixo a choiva", de Ricardo Carvalho Calero.
Na primeira actividade debemos investigar se na vosa vila hai algún chafariz, que é unha fonte con varias saídas para a auga, e despois debuxalo. Déixovos unha foto dun que hai na miña vila, Vilalba.

Na segunda actividade imos traballar os topónimos e xentilicios. O topónimo é o nome dun lugar (por exemplo O Barco de Valdeorras). Os xentilicios son os nomes que reciben os habitantes dese lugar (por exemplo barquenses).
No último exercicio imos repasar as onomatopeias, que xa vimos tanto en lingua castelá como en lingua galega.



Comentários