Lingua galega - Xoves 30 de abril
- Diego Baamonde
- 30 abr 2020
- 1 Min. de lectura
Para estos días temos que ler a páxina 106 do libro (o subliñado) e facer o exercicio 1 no noso caderno.
Xa traballamos tanto en lingua castelá como en lingua galega o que eran as ideas principais do texto. Pois ben, subliñar trátase de salientalas facendo unha raia por debaixo desas palabras ou oración máis importantes, pero para facelo necesitamos primeiro ler detidamente o texto para comprendelo.
Por exemplo:
Desde o domingo pasado, no que fixo moi bo día, podemos saír á rúa durante unha hora a dar un paseo, montar en patinete ou xogar, pero sempre respetando a distancia cos demais nenos e maiores.
A idea máis importante é o que subliñamos no texto.
"Desde o domingo podemos saír á rúa respetando a distancia."
* Non esquezades que a partir de agora, para aqueles que queirades enviarme as tarefas, o novo email é: dbfprimaria@gmail.com

Comments