top of page

Semana Santa - Ciencias

  • Foto del escritor: Diego Baamonde
    Diego Baamonde
  • 3 abr 2020
  • 1 Min. de lectura

Para Ciencias Naturais propóñovos un pequeno experimento, vamos a xerminar legumes para ver como crecen as plantas.


Para facer esto necesitamos:

- Unha faba, unha lentella, un garabanzo ou calquera outra legume que podamos atopar na casa.

- Algodón.

- Un vaso de plástico, o envase dun iogur ou calquer recipiente que podamos utilizar como maceta.

- Un chisquiño de auga.


Proceso:

É moi sinxelo, simplemente temos que facer no recipiente una especie de cama de algodón para a colocar a nosa faba (poñemos dúas ou tres por se nos falla alguna). Unha vez coloquemos a faba, tapámola con outro anaco de algodón e humedecemos o algodón botándolle un chisco de auga. (o algodón debe estar húmedo pero non debe ter demasiada auga).

Agora só temos que colocar o recipiente nun lugar onde lle de a luz do sol, asegurarnos a diario de que o algodón permanece húmedo e agardar a ver que sucede…

Escribe no teu caderno:

- ¿Qué cres que sucederá?

- Vai facendo anotacións no caderno se ves algún cambio escribindo a data na que estes cambios se producen.

Á volta das vacacións contádesme!




 
 
 

Comentários


© 2023 by BrainStorm. Proudly created with Wix.com

bottom of page