Xenial en internet - Be internet awesome
- Diego Baamonde
- 28 may 2020
- 1 Min. de lectura
Bos días chicos/as!
Como xa sabedes últimamente estamos a empregar internet máis ca nunca. Traballar en liña ten multitude de ventaxas: podemos consultar as tarefas de clase, enviar traballos, buscar información, compartila... pero non todo son ventaxas e o traballo en liña tamén ten os seus riscos. Como na vida real, en liña tamén podemos atopar trampas, enganos e, en definitiva, debemos estar alerta, ser críticos e traballar con sentidiño e responsabilidade.
Hoxe imos falar un pouco disto na videoconferenciencia e, para que coñezades un pouco estes riscos dos que vos falo, achégovos un xogo no que a finalidade é que aprendamos a traballar en liña dunha forma segura e con confianza.
O xogo consta de 4 fases ou escenarios con diferentes misións que deberedes completar para convertivos en exploradores seguros do mundo en liña. Para acceder ao xogo só tedes que premer no enlace:
Deixarei o enlace tamén no apartado de actividades.
Kommentit